Ola nen@s!😊😊😊 Ímosvos a propoñer unha nova tarefa para facer entre o 5 e o 17 de maio. Con esta tarefa queremos que vos convertades en “superheroes”. Podedes disfrazarvos do voso “superheroe”/”superheroína” favorito/a ou inventar un vós mesmos, para outorgarlle poderes que vos gustaría que tivese. Como temos que traballar Educación Física e Música queremos que inventedes o “grito característico” dese “superheroe” utilizando movementos e sons (igual que fixestes no conto anteriormente). Enviámosvos dous exemplos de “superheroes” que inventamos.
Comentarios
Publicar un comentario