TAREFA EDUCACIÓN FÍSICA E MÚSICA 18-31 DE MAIO

Ola nen@s!


Ímosvos a propoñer unha nova actividade para facer entre o 18 ao 31 de MAIO!!


Seguro que xa sabedes que o pasado 17 de Maio celebrouse o Día das Letras Galegas, por iso durante estas semanas imos traballar un poquiño a danza tradicional galega cuns pasos da muiñeira.


Tedes que practicar cada paso por separado para despois podelos unir na coreografía final. 


Para a coreografía final tedes que repetir 5 veces o paso 1, despois dar unha volta en círculo co paso do “estribillo” e para finalizar repetir 5 veces o paso 2.


Ensinámosvos cada paso neste vídeo: 


Tamén vos deixamos a música para que a podades bailar.

Unha aperta!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O MEU CANARIO

LEOPARDO DE LAS NIEVES

ACTIVIDADES RECOMENDADAS PARA VACACIONES