O MEU CANARIO



Marabillosa poesía escrita por Nerea.




O MEU CANARIO

Teño un canario 
que é moi cantador,
pola mañá cediño
xa está coa súa canción.

As súas plumas
son da cor do sol,
e os seus ollos
negros como o carbón.

Come alpiste
e tamén leituga,
gustaríalle poder saír
a comer outra verdura.

Está moi contento
de vivir na miña casa,
porque eu preocúpome
de que non lle falte nada.

Nerea (1º Curso).

Comentarios

Publicar un comentario